martes. 24.06.2025
GALERÍAS

A ANPA do colexio Julio Gurriarán e Condesa de Fenosa convidaron aos inchables

As merendas e os

inchables destes dous colexios correron por conta das súas respectivas ANPAS

Este ano foi común, en case que todos os colexios, que as ANPA sufragasen os gastos das merendas e inchables dos seus respectivos centros. Houbo algún que até se atreveu coa festa da escuma.

Colexio

Plurilingüe Condesa de Fenosa

O colexio Condesa de Fenosa do Barco fixo coincidir a celebración de fin de curso coa do Día das Letras Galegas, dada a proximidade das dúas datas. Así que o xoves, 20 de xuño, foi a ANPA do Colexio Plurilingüe Condesa de Fenosa quen organizou unha festa de fin de curso na que houbo multitude de inchables. O alumnado de infantil gozou deles no pavillón  do centro educativo e os de Primaria fixérono no Pavillón Municipal de Calabagueiros.

Inchables no pavillón do colexio Condesa de Fenosa

Ao remate, tanto

as familias coma o alumnado foron convidados polo colexio a unha pinchada que

serviu de despedida do curso 2018-19.

«O claustro de

profesores do noso colexio deséxalle a toda a Comunidade Educativa unhas moi

boas vacacións de verán», comunican desde o Condesa de Fenosa.

Colexio

Plurilingüe Julio Gurriarán

O anuncio na

páxina da rede social do centro xa presaxiaba que a festa ía ser «a lo grande».

«Día de festa e desenfreno esta mañá no Colexio. Despedimos o Curso 2018/19 por

todo o alto!!», esa era a benvida a un día de festa, na que pola mañá houbo un

festival con actuacións de todos os rapaces e rapazas do centro de ensino.

Festa de fin de curso do colexio Julio Gurriarán

A ANPA do Julio Gurriarán, Aturuxo, fixo unha precelebración o mércores pola tarde con colchonetas festa da espuma pica pica, puesto de perritos e palomitas. Desde as cinco até as oito celebraron no cole esta convivencia familiar onde os pais e nais pasarano tan ben ou mellor cos nenos. «Entre risas, subidas, baixadas, saltos, merendolae molladura pasousenos a tarde en un plis plas», sinalan desde Aturuxo.

Festa da escuma organizada pola ANPA Aturuxo

No seu blog «Aturuxo» dan as grazas a todos os que se acercaron até o patio do colexio con desexos de que: «o pasarades pipa xa que esa e sempre a nosa intención, facer as cousas o mellor posible».

Fotos cedidas polos colexios Julio Gurriarán, Condesa de Fenosa e ANPA Autuxo.

A ANPA do colexio Julio Gurriarán e Condesa de Fenosa convidaron aos inchables