sábado. 21.06.2025
CULTURA

Rodrigo Romaní encheu o Teatro Lauro Olmo coa súa música

Rodrigo Romaní presentou o seu cuarto traballo discográfico Fíos de ouro no ar (Altafonte Music), e fixóo  anovando esta vez no formato, presentándose como Rodrígo Romaní Trío na compaña de Bea Martínez (arpa) e Xulia Feixoo (percusión).

Estas dúas intérpretes forman parte do panorama do novo folk galego. O arpista fundador de Milladoiro non deixa de achegar renovación ao panorama tradicional, neste caso cun álbum concibido para recrear un xogo sónico de luces e sombras, de penumbras estilísticas, con alusións a músicas de diversas orixes nas que a tradición oral da musica popular vertebra un produto inconfundiblemente galego inspiradas entre outros no poeta noiés Antón Avilés de Taramancos, que foi elexido para conmemorar o Día das Letras Galegas no ano 2003 e está moi presente na vila onde desemboca o Río Traba.

As dez pezas deste Fíos de ouro no ar revelan un abano de sonoridades delicadas ao mesmo tempo que definidamente rítmicas, evocadas pola complexidade de dúas arpas combinadas con elementos electrónicos e percusións acústicas unidas ao canto e a ocarina. E por elo que o artista noiés deleitou aos asistentes e provocou que quedaran abraiados coa súa música.

Rodrigo Romaní encheu o Teatro Lauro Olmo coa súa música