Mitins, paseo polas rúas, un café cos compañeiros ou unha cervexa cos que apoian ao candidato, tamén houbo quen aproveitou até o último minuto para visitar ós veciños
A campaña electoral para as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio, remata hoxe ás 24:00 horas. Os Candidatos elixiron diferentes maneiras de por fin a dúas semanas percorrendo rúas e pobos dos seus municipios para dar a coñecer a súa mensaxe.
Hoxe tocou visitar aos derradeiros veciños, entregar agasallos, merendar cos que os apoian o contarlles a todos o que van facer durante os vindeiros catro anos.
Xa case que estamos chegando a xornada de reflexión, deixámosvos o peche desta campaña electoral en imaxes.
Fotos cedidas polos partidos políticos