Esta semana a obra "Lo nunca visto" interpretada por o grupo teatral madrileño La Estampida foi a elexida para deleitar ao público barquense no Teatro Lauro Olmo.
O grupo madrileño debutou no Barco con este espectáculo no que tres mulleres perdedoras tratan sorrindo de camuflar a súa dor e o seu fracaso.
Lo nunca visto é un gran traballo actoral Alicia Rodríguez, Belén Ponce de León e Ana Turpín, dirixido por José Troncoso.
A un mes do peche por impagos do seu estudio, unha decrépita profesora de danza e teatro para nenas decide que é o momento do “agora ou nunca” e realizar un espectáculo que revolucione a arte contemporánea: Lo nunca visto.
Sen talento, sen cartos e xa sen alumnas nas súas clases, lánzase a recrutar a “artistas comprometidos” para a súa causa.
Só acudirán á súa chamada dúas das súas exalumnas: unha yonki e unha ama de casa fugada hai pouco.
A entrega en corpo e alma das nosas tres protagonistas, que non teñen outra cousa que contarnos máis que as súas propias vidas, poranos o listón moi alto, facéndonos bailar de pranto e rir de suor.