viernes. 19.04.2024
Concellos

Celebración do Xoves de Compadres con ceas e disfraces

Celebración do Xoves de compadres na Rúa cunha cea na que os homes foron os protagonistas. Y é que, cada ano esta celebración gaña máis adeptos, non coma a cea de comadres que será o vindeiro xoves 8 de febreiro, pero case.

Punkis, piratas, corsarios, mariñeiros, soldados, boys, vacas, mosqueteiros e ata un Peter Pan, pero sobre todo moito morro pintado e roupas de muller. Unha trintena de homes disfrazados, a excepción dalgún que outro, reuníronse no Restaurante Peyma da Rúa para celebrar  o comezo do Entroido. Unha contundente cea a  base de lacón, chourizos e verdura acompañado por viño da comarca e de sobremesa orellas. Logo unas copiñas e para casa que o venres é día de garabullo.

Tamén en Petín saíu o Folión para animar a tarde de compadres deixando espallar o son dos bombos por toas as rúas de todo pobo. En Trives tirouse fariña, os homes correron polas rúas enfariñando as mulleres. Na Veiga, a xuntanza foi no restaurante Río Xares no que despois da cea colgouse o Lardeiro na praza.

En Manzaneda e Vilariño a celebración aprazouse a hoxe, 2 de febreiro con ceas en ámbolos dous concellos. No primeiro organizada pola Asociación Porco Celta de Manzaneda e no segundo pola Asociación Xuntos polo Fulión. En Vilariño primeiro colgarán o lardeiro na praza sobre as 20:00 horas e logo os homes  van de cea a un restaurante da localidade.

Celebración do Xoves de Compadres con ceas e disfraces