jueves. 28.03.2024
Carballeda

Rematan hoxe as festas da Encarnación en Sobradelo

Tres días de

festa na honra da virxe que poñen fin o día propio da celebración

O día grande das festas da Nosa Señora da Encarnación rematan hoxe, despois de  que pola mañá saíra a virxe en procesión polas rúas da capitalidade do municipio, do concello de Carballeda.

O día comezaba ca alborada por Sobradelo da charanga Europa. A mesma encargouse de acompañar a virxe na procesión que se celebrou antes da misa, ás 12:30 horas. Misa Solemne, e sesión vermú coa mesma charanga. Rato para comentar o acontecido nas eleccións celebradas onte e tamén botar un baile o son do grupo de músicos.

Saída da virxe da igrexa para procesionar polar rúas de Sobradelo

Xa pola tarde actuación estelar da orquestra Compostela, eso si, a sesión de tarde alargarase, xa que como mañá é día de traballo, non haberá verbena.

Até o 3 de maio seguirá instalada a pista de patinaxe e os inchables no pavillón polideportivo, para os rapaces. O horario é de 10:00 a 13:00 horas e de 15:30 a 17:30. A entrada é libre e gratuíta.

Charanga Europa acompañando a procesión

Atrás quedan dous días de festa que comezaron o sábado co concerto de Missiego e a actuación da orquestra Os Trovadores.

O domingo, espertar co grupo de gaitas Airiños de Caldelas, festa coa orquestra Israel e gran tirada de fogos de artificio. Non faltou o tren das festas que recorreu as rúas de Sobradelo e sobre todo carrexou ós nenos desde o centro do pobo até o pavillón .

María del Carmen González, alcaldesa de Sobradelo y miembros de la corporación

O bo tempo animou a un gran número de valdeorreses e bercianos a tomar parte na celebración, sobre todo, no que a bailes se refire.

A alcaldesa de Carballeda, María del Cármen González está satisfeita co desenvolvemento da festa e, agradece ós seus veciños a participación.

Rematan hoxe as festas da Encarnación en Sobradelo