miércoles. 04.10.2023
Carballeda

Incendio forestal en Soutadoiro (Carballeda de Valdeorras)

Segundo información de Medio Rural a evolución e boa

O incedio forestal que comezou ás 19;25 horas en Soutadoiro, parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras, segue activo no momento de redactar a información. Segundo información comunicada por Medio Rural «evoluciona ben». Pese a estar localizado nunha zona de difícil acceso, no que os medos aéreos on moi importantes o lume vai a menos.

Nestes intres están colaborando na súa extinción: 2 axentes, 8 brigadas, 1 motobomba e 3 helicópteros. Os medios aéreos xa se retiraron pero seguen os terrestres.

Polo que vai neste tempo levan ardido 5 hectáreas de monte baixo.

Incendio forestal en Soutadoiro (Carballeda de Valdeorras)