sábado. 07.06.2025
Camiño Inverno

Trinta peregrinos de Lalín foron agasallados en Éntoma polo Concello do Barco

Os membros da asociación do Lalín-Deza fixeron a etapa do Camiño de Inverno entre Puente de Domingo Flórez e O Barco de Valdeorras

Trinta peregrinos da Asociación Amigos do Camiño Lalín-Deza realizaron o Camiño de Inverno a seu paso por Valdeorras. O 4 de agosto percorreron o trazado que vai desde Puente de Domingo Flórez ó Barco —terceira etapa das 14 que pensan andar—.

Antes de rematar a etapa, en Éntoma, foron recibidos pola concelleira de Turismo Irene Dacal, quen os agasallou cunhas mochilas. Dacal subliñou a importancia que ten o Camiño para Valdeorras e a riqueza tanto cultural como económica que supón para os municipios por onde pasa.



Tamén se achegou até Éntoma a presidenta da Asociación do Camiño de Inverno por Valdeorras, Asunción Arias. Agasallou ós seus compañeiros de Lalín-Deza cun poemario, unhas guías do Camiño de Inverno e un libro de Mandalas.

Os integrantes da expedición saíron da praza da Igrexa de Lalín, en autobús ás 7:00 horas. Ás 9:00 horas iniciaron, en Puente de Domingo Flórez, o tramo de camiño de 18 quilómetros, desta terceira etapa. Desde o municipio berciano pasaron a ponte sobre o río Sil para chegar a terras galegas, onde seguindo o seu curso chegaron ó pobo abandonado de Nogueiras. Entre as ruinas hai un altar coa virxe dentro dunha das casas derruídas que o Concello de Carballeda conserva en moi boas condicións. Desde alí a  Pumares desde onde puideron contemplar a vella igrexa que se está a restaurar ou parar na área recreativa antes de chegar a Sobradelo.



Desde Sobradelo, de novo, seguiron o Sil rumbo ó Barco. No quilómetro 14, Éntoma; onde se detiveron para conversar con este medio e recibir os agasallos do Concello do Barco e da Asociación do Camiño de Inverno por Valdeorras. Neste pequeno pueblo pertencente ao Concello do Barco, os peregrinos foron recibidos —unha vez pasada a ponte medieval sobre o río Galir— por unhas preciosas e singulares esculturas feitas por Raul Díaz. Camiñaron pola  recentemente estreada rúa Real e, algúns deles desviáronse apenas dez metros para contemplar na igrexa de San Xoán a súa espadaña e a inscripción da Cruz de Malta testemuña da súa pertenza a orde de San Xoán de Xerusalén, Encomenda de Quiroga.

Nese mesmo treito e, mentres estábamos entrevistando ós peregrinos de Lalín, pasaron outros tres máis en bicicleta. A súa orixe Madrid. Y é que, cada día este Camiño gaña máis adeptos.

A chegada ao Barco sempre espectacular por ese barrio Vello onde as pequenas casas dirixen aos peregrino cara o Malecón. A comida no Pazo do Castro. Fin do traxecto, a próxima etapa levaraos á Rúa.

Bo camiño!

Trinta peregrinos de Lalín foron agasallados en Éntoma polo Concello do Barco