jueves. 10.10.2024
A Veiga

Iván Fernández gañador absoluto da Carreira Popular da Veiga

As baixas temperaturas e a amenaza de chuvia non impediu que corredores e camiñantes desfrutaran desta xornada deportiva en terras da Veiga

Hoxe celebrouse na Veiga a quinta edición da carreira incluída no calendario de probas da Federación Galega de Atletismo.  Iván Fernández e Hildegart González foron os gañadores absolutos nas categorías masculina e feminina respectivamente.

A saída da proba realizouse desde a praza do Concello, pasadas as 11:30 horas, deste domingo 11 de agosto. Os case medio cento de participantes percorreron  3.000 metros polos camiños e estradas do municipio. O tramo que discorreu pola Senda Verde foi un dos máis vistosos.



Na andaina a

participación foi un pouco inferior. Os deportistas recorreron un circuíto circular

con saída da praza do Concello que os levou a Corzos e Baños. O trazado do

último tramo que ía por un sendeiro do encoro, tivo que ser substituído por

outro alternativo debido ó alto nivel de auga do encoro de Prada.

Os nenos tamén participaron na proba unha vez cocluida a dos adultos. En total 40 participantes en todas as categorías infantís.

Pese que ameazaba

chuvia a primeira hora da mañá, o tempo aguantouse e até saíu o sol en varias

ocasións. As temperaturas máis baixas do habitual dado a época do ano na que

nos atopamos foron agradecidas polos corredores e camiñantes.



Recordamos que

esta carreira víñase realizando o segundo sábado do mes de agosto, pola tarde,

pero este ano cambiouse a data xa que, onte, cando se tería que realizar era a

feira na Veiga e complicaba un pouco a organización e desenrolo da proba.

As clasificacións

masculinas foron as seguintes:

1.- Iván

Fernández Rodríguez    23.44

2.- Alexandre

Fidalgo Pérez    27.47

3.- Abel Nogueira

López    28.03

En canto á

feminina os resultados foron:

1.- Hildegart

González Luis  33.34

2.- Elena

Domínguez   33.46

3.- Carmen

Santamaría Pérez   36.21

Marcos Rodrigues do ADAS Barco subiuse ó primeiro posto do podio na categoría veterán.

En cuanto ó sorteo da cesta doada pola farmacia da Veiga o afortunado foi o deportista do club Peña Trevinca do Barco, Ángel Malvesada.



Vídeo da saídada andaina:

Vídeo da andaina desde O Quad de Marta e Ismael:

Vídeo da sáida da carreira

Vídeo do paso dos corredores pola Senda Verde

Iván Fernández gañador absoluto da Carreira Popular da Veiga