domingo. 08.06.2025
A Veiga

A maxia do Nadal chega á Veiga

Troncos de carballo, acebros, gallas de pino, ou polas de carqueixa dan forma ás figuras de Nadal dunha veciñanza entregada o seu pobo.

Por calquera rúa da Veiga que se transite durante estes días poderá sentir a maxia do Nadal froito da unión dun pobo. Porque a decoración enxebre que se pode ver nesta vila do Macizo Central ourensán non sería posible sen a colaboración da «case» todos os veciños. E, nese case vai o 95 %, como subliñaba o seu alcalde, Juan Anta na inauguración da I Feira das Montañas de Trevinca  que se celebrou na mañá do sábado 14 de decembro.

Esta feira serve

para por a venda as «Fabas Lobas» e a Mel de Trevinca, outro proxecto levado a

cabo no municipio  que tampouco sería posible

sen a implicación dos veciños. Así o afirmaba Juan Anta no acto inaugural. No

seguinte vídeo achegamos a intervención de Anta:


Este proxecto de «Faba

Loba» implicou a 24 veciños da Veiga que segundo afirmou Anta son «intrépidos,

valentes e creron na Veiga», cualificativos que tamén se estende aos

apicultores que asema formaron arte desta feira.

Nadal de maxia

enxebre

A calquera punto onde se mire este días na Veiga,  atoparase un cun adorno de nadal feito con «cousas» da natureza. Un apalpador de madeira e até un Nacemento enteiro co seu San Xosé, María, o neno Xesús no berce , a mula e o boi; bolas do arbore de nadal feitas con círculos de tronco de carballo, bonecos de neve de saco ou paxaros de lá. Renos, camelos, chibos, coellos, mouchos, cervos, caracois, bolboretas, papa noeis, abellas, avespas, trens, un tractor e até unha tapa de pulpo á feira; todo feito cas polas e os troncos de carballo.

Singular é tamén a árbore de Nadal na praza do Concello, onde cada adorno é un cacho de pizarra cunha paisaxe ou o máis significativo de cada vila do municipio, pintada por Miguel Ascón, veciño de Xares e renomeado artista moi coñecido polas súas pinturas.

Todo

biodegradable, sendo respectuosos co medio ambiente, reciclando e coma non,

sacando proveito e dándolle outra vida o que a terra proporciona.

Simplemente espectacular! Toda A Veiga e un Nadal de maxia enxebre.

A maxia do Nadal chega á Veiga