viernes. 09.06.2023
Audio

Viloira escaparate dos viños de Valdeorras esta fin de semana

Non son todas as que están pero as que están si o son e, ademais mostran o mellor dunha terra. Estamos a referirnos as 20 adegas que amosarán os seus viños a todos os que se acheguen durante a vindeira tarde e todo o día de mañá domingo, 15 de xullo.

O acto inaugural tivo lugar hoxe as 12:30 horas e nel o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis Pando, puxo en valor a D.O. pola recente consecución da acreditación ENAC que «dará mellor imaxe os viños e tamén traerá seguridade xurídica», segundo as súas palabras.

Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense tamén interveu nesta presentación reivindicando a aposta da institución que representa pola incorporación dos máis xoves ao sector.

Alfredo Fernández, alcalde do Barco subliñou a necesidade de unirse na comarca, tanto no sector vitivinícola  coma noutros sectores por exemplo o do turismo

A Real Banda de Gaitas da Deputación pechou o acto inaugural coa súa particular interpretación do himno de Galicia e logo as autoridades deron un paseo polo recinto para catar os bos viños da D.O, tanto brancos coma tintos.

Desde este medio fíxose un percorrido pola Feira do Viño de Valdeorras preguntando a algún dos adegueiros sobre as súas inquedanzas, sobre os viños e os premios, e sobre todo polo significado deste evento.

Adega Ruchel. Inma López Ferrer

Bodegas D´Berna. Berna Guitián

Adega Godeval. Araceli Fernández del Palacio

 

Adegas Santa Marta. Chus (gerente) y Jose Moreno (enólogo)

 

Adega O Cepado. Diego

 

Adega Roandi. Divi y Margarita

 

Bodega Cooperativa Jesús Nazareno. Manuel Rodríguez

 

Viña Costeira. Manolo

 

Bodega Cooperativa Virxe das Viñas. Carlos Aristegui

 

Bodega María Teresa Núñez. Tino

 

Comentarios
Viloira escaparate dos viños de Valdeorras esta fin de semana