Samaín encheu de festas e cabazas os colexios

O Samaín festexouse nos colexios da comarca cos típicos concursos de cabazas e tamén con relatos e contos de medo. Non faltaron as festas de disfraces de terror así como obradoiros de contos, postais ou debuxos. Unha xornada que cada ano fai máis adeptos.

 

IES Lauro Olmo

 

[df-caption title="Festa do Lauro Olmo" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/10/somoscomarca_samain_lauroolmo_2017_10_31-1.jpg"]

 

No Lauro Olmo do Barco durante toda a semana, na biblioteca, celebraron “Samaín lecturas de terror” ou “Qué horror de semana!” Os rapaces acompañados do  seu profesor leron libros de terror. Tamén se pasou unha curtametraxe de antigos alumnos do centro, “Sen Saída” de Lucía Docampo e os rapaces de 3º e 4º da ESO organizaron unha festa para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

 

 

Biblioteca de O Barco

 

Tamén a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco celebrou o Samaín. Primeiro co concurso de disfraces e coa festa que seguiu cun obradoiro de cociña exquisito-asquerosa moi propia. Despois de cear o Bruxo Maruxo contou unha historia de medo antes de ir á cama.

 

[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/11/IMG_7472.jpg"]