A Praza Ramón Otero Pedraio de Viloira encheuse de xente para celebrar o magosto do Barco. Máis de cinco centas persoas déronse cita, a partir das sete da tarde, nesta festa popular da exaltación da castaña. Non faltaron os bullotes e tampouco o viño novo, acompañado de chourizos cocidos ou asados que se podían mercar nos bares da praza.
Asando as castañas na praza de Viloira.
Pero sen dúbida o que máis chamou a atención dos presentes foi o espectáculo de son e lume traido de terras catalanas polos Correfocs da Associació Cultural Ball d'Enveja de Vilanova i la Geltrú. Un espectáculo co que se lle da a benvida as festas populares. Os correfocs van correndo, saltando e bailando entre fogos artificiais e así avisan aos veciños que comeza a festa e que se sume ela.
Correfocs polas rúas do Barco Vello.
Sairon da praza de Viloira e deixaron ver e ouvir a súa actuación na propia praza, na pasarela que une as dúas veiras do río e na praza Maior. Así no lo contaba Maria Salud, unha das integrantes desta asociación.
Para rematar a festa, e en colaboración desta vez coa cafetería Veira Sil, ás 23:00 horas Os Mecánicos de A Coruña deron un concerto na praza Maior.
Apoteose final dos Correfocs.