sábado. 20.04.2024
A Rúa

«Temos que rachar este panorama tan desolador porque creemos ca comarca necesita un futuro»

María González Albert fixo un análise polo miúdo do presente e do futuro da comarca, en base a tres piares: as infraestruturas e comunicacións o desenvolvemento económico e os servizos públicos.

María González Albert, candidata ao Parlamento polo BNG na provincia de Ourense, quen fixo historia converténdose na primeira alcaldesa da Rúa, tomou a palabra despois dos seus compañeiros de mandato Germán Alejandre Salgado e  Avelino García Seco, os cales loaron a aportación ó pobo que gobernou.



Albert comezou o discurso agradecendo a presenza dos alí convocados e facendo referencia a peculiaridade das vindeiras eleccións, «para min son unhas das máis raras que se van celebrar, ou iso parece» , indicou. Tamén fixo notar que a data non foi consensuada polo seu partido. Baseou  o seu discurso no análise das  infraestruturas e comunicacións o desenvolvemento económico e os servizos públicos na comarca.  

Respecto as infraestruturas reclamou unhas boas comunicacións dentro da provincia e do « pais», con un «tren de proximidade» . Salientou que a comarca está cada vez máis incomunicada e que o actual Goberno promove a facilidade de saír de Galiza pero «a comunicación entre nos non é tan fácil».

O viño é un sector económico que hai que promover xa que segundo Albert «é un sector abandonado». Subliñou tamén o abandono do proxecto do banco de terras que promovía o uso das terras sen atender.  



A volta do helicóptero á comarca para gañar a efectividade na loita contar o lume e a motobomba para o concello da Rúa, pola que loitou cando era alcaldesa, foron outras das reivindicacións. O pequeno comercio e as louxeiras foron uns grandes prexudicados pola Covid e a Xunta non está a facer nada.

Os colexios públicos e privados da zona e as residencias de anciáns que sufriron de maneira tráxica os efectos da Covid foron o punto de mira dentro da análise dos servizos públicos.

O BNG chama a “facer historia” coa primeira presidenta á fronte da Xunta de Galiza a partir do 12 de xuño. Durante o mitin, a nacionalista Presas exemplificou o traballo do BNG na súa compañeira de organización e de candidatura, a concelleira ruesa, María Albert: «exemplo de liderado feminista e nacionalista que hoxe botan de menos todos os veciños e veciñas» afirmou Presas lembrando que María foi alcaldesa da vila. «A súa entrada no parlamento será un privilexio por ser unha persoa firme, decidida e dialogante» enumero a cabeza de lista mentres lembraba os traballos conxuntos que realizaron na defensa dos intereses da comarca de Valdeorras.

Avelino, Noa, María e Germán tralo mitín na Rúa

Lembrou a cabeza de lista do BNG como nestes once anos de goberno da formación conservadora á fronte da Xunta de Galiza «o hospital de Valdeorras foise degradando, restándolle autonomía despois da reforma da lei de saúde, tendo persoal que ten aquí para a praza pero que traballa en Ourense». Para o BNG, a falta de persoal no hospital levou tras de si, situacións tan graves «e aínda sen investigar» como a falsificación dos partes de garda.

Presas tamén criticou a situación actual pola que atravesa a base de Vilanova sen helicóptero e «A Rúa segue sen motobomba». «É inaceptable que a día de hoxe con altas temperaturas e xa en alto risco de lumes non teñamos os medios aéreos suficientes» reivindicou a candidata do BNG. Esta situación de desprotección contra os lumes non é a única na que a Xunta de Feijóo se puxo de perfil xa que «tamén o fixo na des localización de Iberdrola: once anos de goberno ausente e irresponsábel».


Se queres ver e escoitar o mitin completo, preme no seguinte vídeo:


«Temos que rachar este panorama tan desolador porque creemos ca comarca necesita un...