jueves. 19.06.2025
A Rúa

Goleada dos prebenxamíns do Rúa ós de Fabero

Por 10 goles a 2 gañaban os prebenxamíns do Rúa que se enfrontaron na tarde do 27 de maio, no Aguillón de A Rúa, os seus homónimos de Fabero e aínda que o resultado non foi favorable para os visitantes, o certo e que pasaron unha boa tarde de xogo. Sen dúbida o mais divertido foi mollarse cos aspersorios de regar o campo.

O remate Luis María Ferrer, o adestrador destes rapaces que aínda hai pouco que se constituíron como equipo, falou para este medio e analizou a corta tempada.

Non xogaron a Liga pero si optaron a Copa Deputación, onde quedaron terceiros, «permitíronnos xogara a Copa Deputación, formáronse grupos de seis e pasaban os dous primeiros. Nos xogamos tres en Ourense e dous na Rúa. Gañámoslle ó Calasancio, á Unión Deportiva Ourense e ó Monforte”. Respecto a súa nova etapa o fronte dos mais pequenos, Luis Ferrer asegurou, «Véxome moi ben, é un novo reto, teñen moita ilusión por xogar ó fútbol, é grato. É un equipo mixto, no que hai catro rapazas que queren xogar e divertirse». Ferrer foi o primeiro adestrador que tivo o equipo feminino do Rúa, tamén adestrou ós cadetes e os xuvenís e agora un novo reto, adestrar os mais pequenos do club.

Goleada dos prebenxamíns do Rúa ós de Fabero