A cea de comadres
reuniu a máis de 200 mulleres de todos os recunchos da comarca
Como ven sendo costume o longo dos últimos anos, as mulleres da comarca celebran a noite de comadres cunha cea na Rúa. Máis de 200 mulleres achegáronse até o Casino para cear e logo ir de troula. No menú composto por entremeses ibéricos (xamón, chourizo, salchichón, lacón e queixo), costrela de porco asada con ensalada e patacas, non faltaron as tradicionais orellas de Entroido e os viños e licores.
Coches de choque, gardas urbanos que dirixían o tráfico, nubes de tormenta, raínas de corazóns, unicornios, indias, sevillanas, abellas, velutinas, piratas, e até un jocker moi particular. Rapeiros, exipcias, indias, moras, wallys, vampiresas, cleopatras, paiasas, cíngaras, curas, bispos, monxas, porquiñas Peggy, froitas, clow, sambeiras, corsarias, bruxas....
De Petín, da Rúa vella, de Vilamartín e tamén de Vilanova ou do Barco celebraron nesta cea multitudinaria as Comadres
Moitos disfraces e algúns moi orixinais e ben traballados. Moi boas ideas con brillantes cores para a noite que da o pistoletazo de saída ó Entroido. Despois da cea de comadres baile e troula até ben entrada a madrugada.
En Petín que saíu a rúa foron os Arrieros
O folión dos Arrieros de Petín saíu polas rúas da vila petinesa para encher de son cada recuncho. O pasado xoves, o de Compadres tmán foi este folión o encargado de anunciar a festa.