O BNG presentou a lista para as vindeiras eleccións municipais arroupado por Ana Pontón e Iago Tabarés
O BNG concentrou na Rúa a simpatizantes e militantes para a presentación da súa lista ás próximas eleccións municipais, encabezada por María González Albert. O acto estivo arroupado por Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Iago Tabarés, candidato ao Congreso.
María González Albert falou de todos e cada un dos 11 membros da candidatura e os suplentes. Así, citou a Avelino Fernández Seco, o número 2 da lista, «o mellor concelleiro de Deportes que tivo o Concello»; Germán Alejandre Salgado, que «xunto a Roberto Quiroga, «me teñen axudado moito»; Marcos Fernández González, persoa que dixo admirar profundamente; María Patricia Gómez Núñez, unha muller nova que «nos vai dar moitas alegrías no futuro»; Vanesa Corcoba González, unha incorporación «valiosísima»; Roberto Quiroga López, «o corazón do BNG de A Rúa e Valdeorras que fixo que eu retornase á política»; Elena Nogueira Pérez, veterana na candidatura que sube na lista ao octavo posto como «recompensa» o seu compromiso; José Manuel López —«Tropas», que representa «o agarimo por esta vila»; Luisa Nogueira Nogueira —Marisa de Roblido—, á que lle deu «mil gracias» e, finalmente, Manoel Anxo Durán Blanco, un emblema da cultura e de Abertal.
Tan importantes como os integrantes da lista son os suplentes, destacou María González. Son Fernando Rodríguez Díaz, antiguo traballador do Concello, «que estuvo no goberno local nun momento moi duro e fixo un traballo grandísimo por A Rúa»; Avelina Pérez Blanco, Manuel Sánchez Rodríguez; Antonia González González, Franscisco José Núñez Sánchez —«Fuco»—, Ana María Fernández Vega e Jorge Rodríguez Estévez —«Látigo»—.
María González dixo que o futuro de A Rúa non pasa por voltar á década floreciente dos 60, senón por mirar hacia adiante. Plantexou as súas catro líneas de goberno: a participación cidadá; o Camiño de Inverno, que «vai ser unha fonte de riqueza que situará A Rúa no mapa»; A Rúa como capital do godello, por reunir as principais adegas da Denominación de Orixe e, finalmente, A Rúa dos servizos. «Temos servizos que non teñen en otras cidades, nin en O Barco», reseñou.
Tamén fixo o seu balance o fronte da alcaldía. Calificouna como un feito histórico pois por primeira vez o BNG acadou a alcaldía de A Rúa, e na figura dunha muller. Expresou que durante a súa xestión o Concello estivo aberto a todas as veciñas e veciños e que houbo transparencia. «Temos equipo e proxecto», dixo.
E agradeceu aos seus compañeiros do BNG por confiar nela para liderar a candidatura, que «é moi potente», comentou, tamén a súa familia e ao seu compañeiro. «Creo no poder da política para cambiar o mundo», sentenciou.
Pola súa banda, Ana Pontón, fixo un retrato de María González Albert, que «demostrou nestes últimos catro anos a súa valía, a súa capacidade, valentía e intelixencia. É a alcaldesa que precisa A Rúa». Tamén profundizou nas líneas das políticas municipais dos gobernos do BNG como «o de Allariz e moitos outros». E apelou á autoestima para transformar o municipio. Tamén falou das vindeiras eleccións xerais pois «en Madrid decídese todo e hai que cambiar a discriminación por un trato xusto para Galiza».
Tamén falou Iago Tabarés, que fixo un repaso a traxectoria de María González, destacando que «empezamos xuntos. É unha persoa honesta e traballadora», valoró. E afondou nas eleccións xerais do 28 de abril, invitando ao cambio. Citou a despoboación e a falta de investimento para a provincia. «Hoxe en Ourense temos mais pensionistas que traballadores», argumentou, sinalando que «non vai a haber maiorías absolutas».
Ademais, o número dous da lista, Avelino Fernández Seco, fixo a presentación do acto. Incidiu nas cualidades de María González Albert, poñendo por diante que «é unha muller, ante todo moi traballadora, intelixente e valente».