Tódolos grupos políticos daban o seu apoio ao manifesto ao que un ex traballador da eléctrica daba lectura na concentración frente a sede da empresa
Máis dun cento de persoas concentrábanse esta mañá nas inmediacións da sede da empresa Iberdrola en A Rúa. Tódolos grupos políticos do Concello consensuaban e aprobaban o día anterior en pleno ordinario, luns 6 de maio, unha declaración institucional para impedir unha «deslocalización de Iberdrola», da súa sede neste municipio. Víctor López, ex traballador de Saltos de Sil, empresa para a que estivo preto de 40 anos traballando, era o encargado de ler o manifesto proposto por tódalas forzas políticas.
O alcalde da Rúa, Luis Fernández Gudiña, dixo sentirse satisfeito ca resposta da xente «tendo en conta que se trata da primeira toma de contacto e que a protesta foi convocada con bastante premura».
Convencido Fernández Gudiña de que o traslado á Salamanca das 16 personas que conforman o Centro de Control Integrado, «só é o comezo», o constata afirmando que «cando nunha empresa te levas o cerebro, qué e aparte máis importante, o máis lóxico é que detrás vaian as demáis partes». Se Iberdrola decidise marchar da Rúa, «perderíamos un total de 150 postos de traballo», explica.
Xustifica desta forma o compromiso que «todos temos que adquirir co rural» porque, conta, «non só sufriremos as perdas de traballo agora, senón que esas persoas cualificadas que marchan non poderán ser substituidas por persoas do noso concello».
Ademáis de obter o apoio, dende o primeiro momento, do Concello de Petín, a finais da semana pasada coñecíamos o respaldo que a Deputación brindou a este manifesto, ó que tamen se unían outros Concellos coma O Barco no día de hoxe. Na protesta tamén estaban presentes outras caras coñecidas do socialismo valdeorrés coma Enrique Álvarez Barreiro, alcalde de Vilamartín, ou Juan Ferreira, portavoz da oposición no Concello do Bolo.
Entre as moitas persoas que alí se achegaron, atopamos a Ricardo Yagüe, ex traballador xubilado de Saltos del Sil, quen apuntou «a mi me duele muchísimo [...] la empresa y A Rúa fueron mi vida, me vine con 20 años». Así o contaba:
Tras a concentración desta mañá na Rúa, os seguintes pasos virán, segundo explica o rexidor, «cando remate o proceso electoral e non confundamos unhas cousas con outras». Será entón cando A Rúa apele a outros concellos e se tomen «outro tipo de medidas que traten de concienciar á propia empresa que o mellor lugar que ten para controlar o servicios que vai a seguir prestando, é a Rúa, non Salamanca».
Se desea escoitar a entrevista feita esta mañá a Luis F. Gudiña, alcalde da Rúa, na concentración en contra da deslocalización de Iberdrola, faga clic na seguinte ligazón: