jueves. 30.03.2023
Actualidad

Protección Civil do Bolo, Vilamartín e Vilariño reciben vehículos de emerxencia

A Xunta entrega en Beariz equipamentos de emerxencias a 14 agrupacións de protección civil de concellos da provincia de Ourense

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, entregou o 21 de setembro os vehículos de emerxencia, Sete vehículos pick-up e sete remolques. O Obxectivo é reforzar e dotar de máis equipamento ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de 14 concellos da provincia de Ourense.

Protección Civil de Vilamartín de Valdeorras —este concello fixo a solicitude o pasado mes de abril— e Vilariño de Conso recibiron un vehículo pick-up. Ó Bolo foille entregado un remolque equipado con material de emerxencias.

Este tipo de remolques conta para as súas funcións cun equipamento mínimo consistente nunha electrobomba somerxible, unha motobomba para augas residuais, xeradores de electricidade portátil, motoserra, rozadora, torre de iluminación e  kit de balizamento e sinalización.

Os membros de Protección Civil do Bolo con Rueda e Mouteira

A Xunta levou a cabo nesta entrega un investimento de case 340.000 euros ó abeiro das axudas da Vicepresidencia para equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva a concellos de menos de 50.000 habitantes executadas grazas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020 —Feder—.



A

Administración autonómica realizou nos últimos anos un importante investimento en

medios materiais para as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, que

supera os 12 millóns de euros en equipamento cedido desde 2015 aos concellos

galegos.

Martín Veiguiña, alcalde en funcións de Vilariño de Conso, diante da pick-up

O vicepresidente da Xunta destacou a labor altruísta dos voluntarios, que contribúen a ofrecer un mellor servizo aos cidadáns . tamén subliñou a importancia da colaboración da Xunta cos concellos en materia de protección civil e emerxencias para dotalos dun equipamento adecuado que permita acadar unha maior seguridade para os membros dos servizos municipais e, dos seus veciños.

Nesta

liña, Alfonso Rueda lembrou o compromiso da Xunta para conseguir que a atención

ás emerxencias sexa eficaz e estea garantida en todo o territorio galego, con

independencia da situación xeográfica do concello.

A chuvia foi outra das protagonistas nesta entrega de vehículos de emerxencia

Esta entrega destes vehículos de emerxencia, da continuación ó camiño iniciado nos últimos anos de dotar de máis material e equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) co obxectivo de mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións en emerxencias, sobre todo nas provocadas por fenómenos meteorolóxicos adversos ou incendios forestais.

Fotos cedidas

Comentarios
Protección Civil do Bolo, Vilamartín e Vilariño reciben vehículos de emerxencia