jueves. 18.04.2024
Actualidad

O Papá Noel de Antón gaña o concurso de postais do Hospital Comarcal de Valdeorras

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]

O concurso de postais de Nadal organizado polo Hospital Comarcal de Valdeorras reuniu este ano 59 participantes. Esta é a vixésima edición do concurso que organiza a dirección do centro hospitalario valdeorrés  entre os fillos dos traballadores do hospital.

 

 

O xurado, composto por membros da prensa local, elixiu un debuxo ganador e dous a para accésit por categoría —de 1 a 4 anos, de 5 a 8 e de 9 a 12—. Entre os primeiros clasificados de cada categoría o persoal do Hospital elixiu a postal gañadora que foi a de Antón C.V de 10 anos. Trátase dun Papá Noel, pintado con pintura de dedos, que ten entre as súas mans a saca dos regalos de Nadal, na que se pode observar a cruz azul e as siglas HCV.

 

 

O xoves, 20 de decembro ás 17:00 horas Papá Noel visitará ós cativos participantes no salón de actos do hospital. Logo de recibir os premios, agasallos e algunha que outra sorpresa haberá unha merenda na cafetería do hospital.

 

 

Os gañadores desta edición foron:

1ª categoría 1 - 4 anos

1º - Alicia C. V. - 3 anos

accésit - Mateo O. M. - 4 anos

accésit - Valeria B. M. - 2 anos

 

 

2ª categoría 5 -8 anos

1º - Rosi C. R. - 6 anos

accésit - Valle N. G. - 5 anos

accésit - Diana O. M. - 8 anos

 

 

3ª categoría 9 -12 anos

1º - Antón C. V. - 10 anos / elexida postal de felicitación do HCV

accésit - Hugo C. R. - 10 anos

accésit - Carlos A. M. - 9 anos

 

[/double_paragraph] [/row]

O Papá Noel de Antón gaña o concurso de postais do Hospital Comarcal de Valdeorras