viernes. 19.04.2024
Actualidad

Fontei e Santurxo celebraron o San Antonio de Padua

San Antonio de Padua celébrase en dúas localidades da nosa comarca, en Millarouso, na parroquia de Santurxo e na Rúa, na Parroquia de Fontei

Como cada 13 de xuño San Antonio de Padua, o santo das roscas casamenteiras, sae polas rúas da parroquia de Fontei na localidade da Rúa. A procesión que comezou ás doce e media estivo moi concorrida por ser festivo local na vila. As primeiras en saír son as mulleres coas roscas casamenteiras  e detrás, o santo, portado polos homes.

As roscas e doces varios coma os amendoados, bendícense durante a misa e o remate repártense. Di a tradición que quen come a rosca casamenteira casa na seguinte festa. Non se sabe si é certo ou non, porque en Fontei non faltan solteiros e solteiras, pero a verdade é que tampouco sabemos si comeron ou non as roscas.



A procesión sae por un lateral da igrexa para recorrer as rúas cargadas de historia desta parroquia. Pasa por diante da capela do Santo ou de San Andrés, moi festexado noutros tempos na localidade,. Logo segue camiño até chegar á casa da veciñanza onde se detén para que recibir a chuvia de cores. Xa é tradición que Elvira lle bote os pétalos de rosas recollidos o día anterior.

Chuvia de flores que Elvira lle bota ó santo

Pasa de novo o

santo por diante da igrexa para despois de atravesar a praza de Enriqueta

Casanova baixar pola de Telesforo Ojea e logo subir até o adro pola Padre Feijóo.



Día grande das festas de Fontei na que se reúnen as familias para dar conta dun bo cabrito asado e, o que tivo sorte de coller a rosca, ensinala como trofeo na sobremesa. A festa seguirá até o domingo na que non faltará a música e a diversión.

Santurxo sen

repenique de campás

A parroquia de

Santurxo en Millarouso (O Barco de Valdeorras) tamén celebrou o San Antonio,

pero este ano sen badaladas, Toño o encargado de facer soar as campás finou e

ninguén se atreveu a ocupar o seu posto.

En Santurxo ademais de portar a San Antonio na procesión tamén sacan á Inmaculada. Á poboación barquense achéganse veciños do Barco que noutrora fórono de Millarouso.



Día tamén de festa aínda que sin. grandes comilonas xa que como contaba unha veciña, «non se celebra que a 'nena' está traballando».

Fontei e Santurxo celebraron o San Antonio de Padua