jueves. 18.04.2024
Actualidad

Os Fillos do Estramonio divertiron aos barquenses co seu "Rock and Risa"

Pepe Capelán lidera a esta banda que fai versións de cancións famosas

Os Fillos do Estramonio deleitaron aos barquenses coas súas cancións en ton humorístico baseadas en versións de afamadas cancións coma "Live is life" do grupo Opus (Maikel Nai-versión dos Fillos do Estramonio), "Highway to the hell" de AC/DC (Jastei o jel) ou unha canción dedicada a José Tojeiro que segundo a banda. "Foi o primeiro youtuber do mundo".

Entre canción e canción o grupo fai un pequeno monólogo que hilan cos títulos das cancións que tocan acto seguido sacando máis de unha gargallada aos ouvintes.

Pepe Capelán durante o concerto no Barco

Ao mando de esta banda encóntrase o arteixán Pepe Capelán, coñecido en Galicia por aparecer en diversos programas da canle autonómica.

Con esta son 3 as veces que a banda de Arteixo actuou en Valdeorras ou na súa contorna neste 2019, xa que Capelán e o resto de integrantes actuaron na Feira do Viño de Valdeorras e no Entroido de Verán de A Pobra de Trives

Os Fillos do Estramonio divertiron aos barquenses co seu "Rock and Risa"