viernes. 29.03.2024
Actualidad

Día da Patria adiantado no campo de San Roque (A Rúa)

María González Albert e Xosé Luis Rivas «Mini» interviñan no acto que reuniu a simpatizantes e dirixentes do BNG da comarca

A Festa da Patria

celebrábase no campo de San Roque, na Rúa. O venres, 19 de xullo, e como acto

previo ao 25 de xullo, xuntábanse ao pé da capela de san Roque dirixentes do

BNG da comarca coma María González Albert, concelleira do BNG da Rúa ou Suso

Vilasánchez , concelleiro no Barco de Valdeorras así como simpatizantes desta

formación política.

Tras uns viños,

refrescos e petiscos ao redor das dez da noite María Albert dirixíase aos

presentes para facer un pequeno balance no acontecido no concello da Rúa nas

eleccións Municipais e tamén significou o que se ten acadado nestes anos no

nacionalismo.

Se queres escoitar o que falou María González Albert, dálle a seguinte ligazón:

Outro dos intervintes

foi  Xosé Luis Rivas « Mini», deputado no

Parlamento galego, que falou aos presentes da igualdade entre xentes e entre linguas.

Recalcou que o nacionalismo constrúese entre todos. Despois das súas verbas

púxolle música a celebración.

Se queres escoitar a música e o que dixo Mini, dálle a seguinte ligazón:

Vídeo da actuación de Mii ao pé da capela do san Roque:

Día da Patria adiantado no campo de San Roque (A Rúa)