lunes. 15.08.2022
Actualidad

Concurrida Festa das Pandillas no Malecón barquense

Unhas 300 persoas abarrotaron a zona fluvial



Unha nova edición da Festa das Pandillas levouse a cabo na zona fluvial do Malecón barquense, e este ano xunto ao bo tempo o fixo cunha grande cantidade de público, tanto participando no evento como de forma externa.

Este evento e outro dos atractivos do programa das Festas do Cristo, e este ano foron un total de 20 as cuadrillas de amigos -duplicando o número da edición anterior- que se reuniron para pasar unha mañá onde lembrar vellos tempos, tomarse o vermú e gozar do concerto do grupo "Los Íñigos”.

Aínda que o máis importante foi o volver reunirse nalgúns casos tras varios anos de ausencia, nesta edición baixo o abrigo das cancións da época interpretadas por os barquenses "Los Íñigos".



Comentarios
Concurrida Festa das Pandillas no Malecón barquense