viernes. 19.04.2024
Actualidad

A Banda de Música do Barco puxo a nota musical no Día do Cristo

Fixeron o tradicional concerto na Praza do Sagrado

A Praza do Sagrado do Barco acolleu este mediodía o concerto da Banda Municipal de Música do Barco, e fíxoo nunha mañá espléndida, pese a que horas antes as nubes cubrían o ceo da vila valdeorresa.

No Día do Cristo foron poucos os que quixeron perderse o concerto programado despois da procesión e misa, que ademáis tiña lugar a apenas uns metros do fin do acto anterior.

Tras recorrer as rúas da vila acompañando as Calantornias e os Cabezudos, a Banda Municipal de Música do Barco tamén estivo presente ao final da misa que se levou a cabo na Praza Maior. Ante case un milleiro de fieis os músicos percorreron o espazo dende a praza barquense ata a Praza do Sagrado que era onde esperaba un público entregado e que nalgún dos casos acudiu ata unha hora antes do inicio do evento para coller sitio en primeira fila.

O primeiro tema que interpretou a banda dirixida por Manuel Prada foi o tema principal da serie Juego de Tronos, recordemos que esta banda interpreta versión das principais cancións de diversas series e películas.

A Banda de Música do Barco puxo a nota musical no Día do Cristo