miércoles. 29.11.2023

VÍDEO

Valdeorras saíu en masa á rúa para manifestarse contra o peche de Irosa-Samaca

Preto de 4000 persoas mobilizáronse polas rúas do Barco na manifestación deste venres, 22 de setembroorganizafa por CCOO e CIG mobilizando .

Os milleiros de manifestantes arrincaron pasadas ás 19.00 horas do pavillón municipal de Calabagueiros do Barco para rematar na Praza Otero Pedrayo de Viloira onde Ramón Porto da CIG leu un manifesto.

Un acto de protesta no que se reivindicou a necesidade dun acordo para evitar o despedimento de 250 persoas. «Irosa nos se cerra. Solución xa!» puidose ler na pancarta que abría a manifestación e tamén nos carteis que empapelaron as rúas do Barco, A Rúa ou Vilamartín... 

Valdeorras saíu en masa á rúa para manifestarse contra o peche de Irosa-Samaca