A plaza de Enriqueta Casanova en Fontei congregou a moitos veciños desta parroquia da Rúa. Castañas e doces para celebrar o San Martiño e pasar unha tarde de sábado na compañía de amigos, familiares e veciñanza.
Enrique Sotelo encargouse de asar as castañas nun bombo onde de cada quenda se introducían 25 quilos para sar un total de 75 quilos. Lamas e outros veciños repartiron o viño e os doces