Evento
Teatro: "Memorias dun neno labrego"
20/2/26
21:00
Teatro Lauro Olmo (O Barco)
19 de febrero de 2026, 18:12
“Memorias dun neno labrego”, do Centro Dramático Galego, este vernes 20 de febreiro, ás 21.00 horas, no Teatro Lauro Olmo
A obra narra a historia de Balbino, un rapaz da Galicia rural da posguerra que sente o peso das inxustizas, a pobreza e a incomprensión do mundo adulto. A través dos seus recordos, o espectador adéntrase na mirada inocente pero lúcida dun neno que soña cun futuro mellor, mentres afronta a dureza do traballo, a inxustiza social, a emigración, a represión, a tristura, o maltrato escolar ou a perda do amigo.Mentres, ten un desexo constante de fuxir dun destino xa escrito e vivir outra realidade.
