sábado. 07.06.2025
Actualidad

A CIG denunciou o desmantelamento do Hospital Comarcal de Valdeorras

Denunciaron o desmantelamento progresivo do Hospital Comarcal de Valdeorras

A Confederación Internacional de Galicia denunciou diante do Hospital Comarcal de Valdeorras o desmantelamento progresivo do centro sanitario, así mesmo criticaron o tempo que tardou o Parlamento de Galicia a hora de informar sobre os partes de gardas falsos que saíron no pasado mes de xaneiro.

Suso Vilasánchez, delegado da CIG afirmou que os partes de garda chegaron a ter presenza no parlemento con diversas preguntas ao parlamentarios autonómicos: "O BNG pregunta no mes de xaneiro sobre os partes de gardas falsos, e reciben a contestación 8 meses despois negando que existisen partes de garda falsos e que estaban coma sempre. Esa e a predisposición que teñen hacia nos, contestanos 8 meses despois e minten".



Vilasánchez tamén falou dunha sistemática destrucción do HCV nos seus recursos humanos, denunciando tamén que os gardas de seguridade continúan a ter problemas a hora de cobrar a súas nóminas: "Queremos saber cal é a súa plantilla orzamentada do HCV, cal e a súa plantilla, a xente que traballa no Hospital do Barco. Pois no conseguimos que nos den esos datos porque tras esa negativa ocúltase a destrucción do hospital. Hasta aquí encadenamos cos partes de guardia falsos. A destrucción de persoal obriga ao persoal a encadear 19 gardas seguidas".

Se queres escoitar todo o que dixo Vilasánchez podes facelo no seguinte enlace:

A CIG denunciou o desmantelamento do Hospital Comarcal de Valdeorras