martes 24/5/22
Cabrito na Festa do Cabrito 2020

Este ano a Festa do Cabrito realizaráse casa por casa para non esquecer os tempos de Entroido

Este sábado o Concello de Vilariño de Conso celebra a 32ª edición da Festa do Cabrito, pero neste 2021 será dunha forma moi distinta a dos 31 anos anteriores debido a pandemia da COVID-19.

Dende o consistorio subliñan que o evento e as datas do Entroido non poden caer no olvido, xa que se ben nunca pensaran en vivir estes tempos, a festa pódese realizar igual levando o prato casa por casa. «Por exemplo o xoves de conmadres foi raro, fixo frío, chovía e había néboa.Non se sentía o colorido, a alegría nin sonaban os bombos. Temos que tirar de recordos de outros anos» subliñou a alcaldesa Melisa Macía.

Esta iniciativa obtivo moi boa acollida por parte de todos os veciños, e os únicos que rexeitaron participar no evento foi por motivos de saúde, subliñando dende a alcadía que obsérvase a xente ilusionada.

Serán 4 os veciños que acodan a recoller persoalmente o cabrito ao Pavillón Municipal, polo que o resto será levado fogar por fogar aos diferentes pobos dos que consta o concello. Esto implica unha gran loxística xa que algúns están a media hora do casco urbano, malia isto xa están preparados para poder chegar a todas ás casas entre a 1 e ás 2 do mediodía.

De cara ao ano 2022, Macía, espere que todo isto quede nunha anécdota, xa que o desexo da maioría da xente e poder xuntarse para elaborar os disfraces, comparsas e visitar as aldeas do municipio.

Dende a Panadería Guerra, destacan a boa acollida da iniciativa que levará o prato do forno a cada un dos fogares, recordando así mesmo o espíritu dun Entroido que este ano non se podrá levar a cabo.

Vilariño de Conso prepárase para a Festa do Cabrito máis atípica