martes 24/5/22

Dende o concello subliñan que realizarán este evento de forma máis íntima para garantir as medidas de seguridade, pero sen olvidar o espíritu da festa

O Concello de Vilariño de Conso realizará o vindeiro sábado 13 de febreiro a Festa do Cabrito, pero neste 2021 será dunha forma moi diferente a de anos anteriores debido a pandemia da COVID-19.

A alcaldesa da localidade, Melisa Macía, subliñou que este ano levarán o prato principal do evento casa por casa, a non ser que o veciño non queira, sendo o único requisito o de residir no concello.

Para todo aquel que por algún motivo non desexe que o cabrito lle sexa levado ao seu fogar, tamén poderá recollelo nun posto habilitado no pavillón a partir das 14 horas, neste caso si será necesario facer unha reserva.

O menú irá acompañado con guarnición, bica e algún licor, segundo adiantou a rexedora da vila. «É unha maneira de non olvidar a festa, fíxose sempre, este ano era a 32 edición. Isto será unha axuda aos produtores locais e a hostalería en xeral porque son os damnificados desta pandemia. Decidimos facelo así para cumprir os protocolos».

Restriccións

Macía subliñou a súa vez a necesidade do rural por ter unhas medidas diferentes as das cidades, se ben destacou que os habitantes da vila están acostumados, non dubida en que ao non ter ningún caso activo dende os primeros días da pandemia, aló polo mes de marzo, as restriccións deberían ser distintas as de outros lugares.

Obradoiro

O pasado mes de decembro comezou un novo obradoiro de traballo en Vilariño, pero estes días por as inclemencias meteorolóxicas non poden facer os traballos ao aire libre tendo que quedar nas aulas facendo formación.

Vilariño de Conso fará a Festa do Cabrito casa por casa