lunes. 09.06.2025

Vilariño de conso recibe máis de 273.000 € para mellorar as rúas preto da praza

A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado hai máis de 10 anos para apoiar ás entidades locais en proxectos que permitan mellorar as condicións e a calidade de vida da veciñanza, e que este ano conta cun orzamento reservado de 7 M€

220709 AVM alcaldesa Vilarino Conso 1
220709 AVM alcaldesa Vilarino Conso 1

A Xunta de Galicia e o Concello de Vilariño de Conso colaborarán na mellora da intersección da rúa do Souto coa praza da vila, tal e como establece o acordo subscrito esta semana pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía.

Esta actuación urbanística ten como obxectivo acondicionar e mellorar a intersección, vías e instalacións da área. As obras disporán dun investimento total de máis de 273.000 euros, do que a Xunta achegará o 70% e o concello, o 30%.

220709 AVM alcaldesa Vilarino Conso
Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso e Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 

Así, a través do convenio de colaboración asinado, levarase a cabo a construción dun muro de contención de formigón e doutro de pedra, o deseño dunha rotonda, unha ampliación das vías e o saneamento das pluviais.

As tarefas de reforma acometeranse ao abeiro do plan Hurbe, un programa que este ano conta cun orzamento reservado de 7 millóns de euros e que o Goberno galego promove desde hai máis dunha década para axudar ás administracións locais a executar este tipo de proxectos.

somoscomarca_vilariño_ruadosouto_2022
Rúa do Souto onde se van acometer as obras

Cómpre lembrar que este plan reflicte o compromiso da Xunta á hora de ofrecer o seu apoio ás entidades locais e promover actuacións que, na liña do acondicionamento previsto para Vilariño de Conso, contribúen a dinamizar as vilas galegas por medio da mellora dos seus equipamentos e servizos públicos.

Vilariño de conso recibe máis de 273.000 € para mellorar as rúas preto da praza