lunes. 11.08.2025

Nos concellos de Vilariño de Conso e Chandrexa de Queixa permanecen activos os lumes

Segundo a consellería do Medio Rural na provincia de Ourense permanecen activos 3 incendios

Segudo a Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Ourense con datos recollidos ata as 20.30 horas de hoxe domingo é a seguinte: Están activos os incendios de Maceda-Castro de Escuadro, no que foi desactivada a Situación 2 (arredor de 370 ha), o de Chandrexa de Queixa-Requeixo (900 ha), e de Vilariño de Conso-Mormentelos (arredor de 20 ha) e o de Padrenda, está controlado, desde as 22.03 horas de onte,segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 40 hectáreas

Respecto ao de Vilariño de Conso, desde as 17.30 horas de hoxe está activo un lume  na parroquia de Mormentelos, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 1 helicóptero e 4 avións.

Continúa tamén activo desde as 15.51 horas do venres o incendio forestal do concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 900 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 11 técnicos, 33 axentes, 55 brigadas, 26 motobombas, 5 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 12 helicópteros e 11 avións.

 A Consellería lembra que a cifra de hectáreas queimadas é provisional, xa que se basea en estimacións iniciais pendentes de medición definitiva. 

Desde esta consellería lémbrase que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Nos concellos de Vilariño de Conso e Chandrexa de Queixa permanecen activos os lumes