sábado. 28.06.2025

Vilariño de Conso aproba a adhesión ó Pacto dos Alcaldes polo clima e a enerxía

Trátase de frear

o cambio climático adoptando medidas que reduzan o consumo enerxético, as

emisións de CO2 e o impacto ambiental

O Concello de Vilariño de Conso está a elaborar un plan de acción que garanta a redución dun 27% no consumo enerxético e un 40% as emisións de CO2. No pleno celebrado a principios de abril aprobábase, por unanimidade, a adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo clima e a enerxía que contará con partida nos presupostos de 2019, aínda sen aprobar.



A adhesión implica asumir os obxectivos adoptados por la Unión Europea para frear o cambio climático adoptando as medidas necesarias para reducir, até o 2030, os consumos enerxéticos. Por exemplo substituír o alumeado pouco eficiente, emprego de enerxía solar para ou reemprazar as enerxías fósiles por renovables. Estas medidas xa están a ser aplicadas nos edificios do concello como sinalaba Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño, a este medio. «As instalacións municipais xa contan case todas con enerxías renovables. O albergue municipal dispón de placas solares e caldeira de pellets, o centro de saúde e colexio tamén contan con este tipo de caldeiras. A nivel particular en apartamentos que posúe o concello e casas escola tamén teñen caldeiras de pellets». «Vanse facer campañas de concienciación» aseguraba Macía.



Vilariño, así como o resto de concellos adheridos, terán dous anos de prazo para aprobar o plan de acción. Despois, cada dous, darase conta a Consellería de Medio Ambiente dos avances para lograr los obxectivos previstos.



Esta iniciativa xurdiu en 2008 na Comisión Europea e desde entón conta con cerca de 8.000 municipios europeos de 53 países adheridos, entre los que se atopan , polo de agora, de 39 municipios galegos.



A Consellería de Medio Ambiente da Xunta activou, o pasado xaneiro, una oficina técnica para asesorar e apoiar aos concellos que se unan esta iniciativa contra o cambio climático. Ofrece aos concellos información legal e económica. Tamén axuda para elaborar o plan de acción, así como asesoramento sobre convocatorias de axudas para aplicar as medidas.

Vilariño de Conso aproba a adhesión ó Pacto dos Alcaldes polo clima e a enerxía