Vilariño de Conso celebrou a segunda edición do seu Festival de Música tradicional e popular, un adianto ao 17 de maio, Día das Letras Galegas
Un bo número de visitantes e xente do concello achegáronse a Praza va Vila para escoitar ás nove agrupacións que alí se deron cita: Cantagalos, Cordas Bravas, Cantareiras de Vilariño de Conso, O Son do Vento, Macizas Centrais de Trives, Cuncas do son, Zoadeira e a Banda de Música e Cultura de Galicia
Ademais, no lugar atopábanse diferentes artesáns en cuxos postos se podía atopar mel, viño, doces, coiro, libros ou bisutería. Os nenos tamén despuxeron duns hinchables para se divertir.
A xornada arrincaba ás 13.00 horas coa Charanga Escachapeitos, que puxo a música na sesión vermú e encargouse de amenizar a feira. Xa ás 17.00 horas comezaron as actuacións, onde cada grupo dispuxo de 15 minutos. A Banda de Gaitas de Vilariño de Conso e as Cantareiras de Vilariño foron os grupos locais invitado ao certame .
Así o contaba a alcaldesa de Vilariño, Melisa Macía, mentres actuaban os músicos de Cordas Bravas.