«Seguimos traballando polos veciños e polo concello»

Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, detalla as actuacións que se están levando a cabo no municipio

Dende o equipo de goberno de Vilariño de Conso seguen traballando «polos veciños e polo que fai falta no concello», asegura Melisa Macía, alcaldesa do municipio. 

Continuando con esta filosofía iniciáronse diferentes actuacións. No pobo de Chaguazoso estanse a facer labores de canalización da agua, mentres que en Vilariño «temos outra obra financiada pola Deputación» na que se está arranxando a pavimentación e humanizando a contorna da Igrexa. Aparte, foron concedidas subvencións para seguir «arranxando en distintos pobos». 

A maiores, tamén se deu comezo as rozas, xa que «saíu toda a herba xunta». Estanse a acondicionar as rutas de sendeirismo, posto que na época estival realízanse distintas actividades destas características no municipio, e as estradas. 

 

Sumado a estas actuacións, «concedéronnos, dende a consellería de Vivenda, tres casas en Sabuguido, na casa reitoral», di a alcaldesa. Nos próximos meses darase inicio ás obras. 

O tanatorio de Vilariño

A comezos de ano, dende o Concello, anunciábase o comezo da construción dun novo tanatorio. Cabe recordar que esta construción estaba financiada ó 50% pola Deputación e contaba cunha inversión de máis de 200.000 euros. 

Despois de cinco meses, «estamos pendentes da conexión da luz». O resto da edificación está acondicionada, por esta razón, «cremos que para o próximo mes estará en funcionamento. Fainos moita falta», asegura Macía. 

A cobertura móbil de Castiñeira

A loita continúa. Xa que levan meses agardando para ter unha «cobertura do século no que estamos», segundo aseguraba a alcaldesa para outra entrevista neste medio. 

 

Agora están esperando a que «Amtega poña os aparatos de conectividade». A propia alcaldesa asegura que este sería o último paso, posto que ha instalación xa está feita.