
As propostas para desfrutar de agosto non paran de facer públicas. Nesta ocasión regresa a Vilariño de Conso a Festa da Xuventude, aínda que esta edición leva por nome "Rural Fest".
Unha proposta que engloba diversión cunha festa da escuma —na área recreativa—, unha cea popular e moita música da man de diferentes pinchadiscos «durante a comida e despois toda a noite», explica Yolanda Rodríguez, presidenta da asociación.

As entradas para a cea xa están á venda en distintos comercios, a maiores da propia organización. No caso de Vilariño de Conso pódense adquirir no Chiringuito do Río e na Panadería Guerra. En Viana do Bolo están dispoñibles no Bar Dani e no Emigrante.
Os artistas que estarán presentes nesta velada serán: Alberto Novo, Víctor Magán, Dj Tariro, Dj Yabboom, Dj Migueld. Para facilitar o acceso a esta festa «vamos ter un servizo de autobús dende o Concello de Viana do Bolo», asegura a presidenta. Resaltar que aínda están por confirmar as horas de saída.