sábado. 31.05.2025

Vilariño de Conso prepara un Nadal centrado nas familias locais con dúas actividades especiais

Unha saída a Pazolandia e unha Cabalgata de Reis Magos con actividades no colexio serán os eixos principais dunha celebración marcada pola proximidade e a ilusión
somoscomarca_240105_reyesmagos_vilariño
Os Reis Magos visitando Vilariño no ano 2023

O Concello de Vilariño de Conso adapta a súa programación de Nadal para responder ás necesidades e preferencias da súa veciñanza, segundo explica a alcaldesa, Melisa Macía. «Notamos que as familias se desprazan durante estas datas, e iso lévanos a centrar os esforzos en actividades concretas e participativas», afirmou.

Unha das iniciativas será unha saída a Pazolandia, o parque de atraccións de Nadal que se organiza en Ourense, prevista para o día 30 de decembro. A segunda proposta é a celebración da Cabalgata de Reis Magos, que este ano se trasladará ao colexio.

A partir das 16:00 horas, pequenos e maiores poderán participar nun contacontos e desfrutar dun pintacaras, ademais dun mercadillo de Nadal para realizar as últimas compras. A tarde pecharase cunha chocolatada para todos os asistentes, nun ambiente de camaradería e espírito festivo.

Vilariño de Conso prepara un Nadal centrado nas familias locais con dúas actividades...