viernes. 19.04.2024
Melisa Macía en incendio de Vilariño de Conso

A alcaldesa destaca a labor dos veciños a hora de axudar nas tarefas de extinción do incendio

Os veciños de Sabuguido e Soutelo de Soutogrande, ambos en Vilariño de Conso, viviron unha fin de semana complicada por culpa das lapas, no caso da segunda aldea chegouse a declarar o nivel 2 de alerta, xa que o lume puso en perigo as vivendas.

Actualmente a situación é boa tal e como afirmou a alcaldesa da localidade Melisa Macía, xa que o incendio está baixo control tras arrasar unhas 700 hectáreas -segundo apunta a Consellería de Medio Rural- e ademáis nos próximos días espéranse chuvias que poden extinguir as lapas definitivamente.

Macía salientou a labor dos veciños de todo o concello a hora de axudar para evitar que o lume afectara as vivendas, e tamén indicou que se non fora porque as fincas estaban limpas o resultado houbera sido devastador.

Por elo a rexedora fai fincapé na importancia de rozar todas as parcelas durante o verán, e máis ao existir un convenio que deixa o custo das tarefas en 35 euros por hectárea. «Tomaremos todas as medidas necesarias, non se pode permitir que o lume quede a 80 metros das casas».

Por último a Macía fai un chamamento para terminar cos pirómanos que non so acaban co patrimonio natural do municipio e tamén os concellos limítrofes, se non co medio de vida de moitas familias, xa que as lapas queimaron colmeas, soutos ou pasto para o gando.

Se quere escoitar todo o que salientou Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, pode facelo na seguinte ligazón:

Melisa Macía: «Non se pode permitir que o lume quede a 80 metros das casas»