
19 de mayo de 2024, 13:51
Con motivo do Día das Letras Galegas, o Concello de Vilariño de Conso xunto a Asociación Música e Cultura de Galicia veñen de anunciar un Festival de música tradicional e popular.
O domingo 19 de maio a partir das 17:00, a praza de Vilariño encherase de diferentes agrupacións. Poderase desfrutar das seguintes agrupacións: Banda de Gaitas de Vilariño; Cantagalos; O Son do Vento; Cordas Bravas; Pandeireteiras Ailalá; Zoadeira; Cuncas do Son; Banda de Música e Cultura de Galicia.
No caso de que o tempo non acompañe, existe un "plan B". A celebración trasladaríase o polideportivo municipal.