sábado. 20.04.2024

O Entroido de Vilariño de Conso celebrouse este Sábado Gordo cos boteiros e folións enchendo de cor e sons as rúas do Concello. 

O folións de Vilariño, Praoalbar, do Val,  Mormentelos, Carracedo da Serra, Bembibre, Buxán, Alternativo, Chaguazoso ou a Mourela para Acá, fixeron soar os bombos, gadañas, aixadas co son de cada quen- Este son e símbolo da súa identidade e non hai dous sons iguais.

Os boteiros axicaron aos centos de persoas que se amoreaban nas rúas e non deixaban pasar ao folión. Tamén fixeron soar as esquilas e repartiron algún pau coa «monca». Tamén bailaron e troularon, todo un espectáculo!

Ao remate do desfile no pavillón o una carpa segundo foras membro dalgún folión ou non unha copiosa comida onde o protagonista foi o cabrito estaba agardando. Ademais da saborosa carne tamén se comeu empanada, chourizo con cachelos e coma non a bica da panadería Guerra de Vilariño.

O de Vilariño é un Entroido que hai que vivir!

Fotos:Luis Pomar

Desfile de boteiros e folións petisco da Festa do Cabrito