A Casa do Maior: nova apertura en Vilariño de Conso
O venres 15 de decembro as 17:00h, terá lugar a inauguración da Casa do Maior no Concello de Vilariño de Conso. Esta é unha iniciativa que levou a cabo unha veciña que chegaba fai aproximadamente un ano o municipio.
Será un servizo gratuíto que ofrecerá atención diúrna ás persoas maiores de 60 anos e estará financiado pola Xunta de Galicia. Con isto preténdese asegurar un coidado e atención personalizada. Co tempo, o Concello ten previsto facer a recollida pobo a pobo de aqueles que queiran ser usuarios. De esta maneira, preténdese axudar o máximo posible as familias.
«Estamos moi contentos, xa que é un servizo esencial para os nosos maiores, para tratalos como moito cariño», asegura a alcaldesa Melisa Macía. Permanecerá aberta todo o ano, excepto os festivos e vacacións. O horario que terá será de 9:00h ata as 17:00h, de luns a venres.
Os servizos que se prestarán son: atención diúrna onde prima o acompañamento; actividades de envellecemento activo; estimulación cognitiva e de memoria; actividades personalizadas; servizo de manutención a mediodía.
Para poder asistir a Casa do Maior existen tres requisitos fundamentais:
- Persoas maiores de 60 anos. Sen dependencia ou con grado I ou II.
- Estar empadroados no Concello de Vilariño de Conso.
- Solicitar a praza en Servizos Sociais.
Está situada nun inmoble ubicado na zona antiga do municipio. Aínda que hai que destacar que esta non é a única actividade que se desenvolverá aquí. «Nese mesmo edificio acabamos de rehabilitar dúas vivendas para aluguer social e a parte baixa cedémola, de maneira gratuíta, para que esta rapaza leve o servizo da Casa do Maior», explica a alcaldesa. Ademais, vai a ser un centro socio-cultural de xuntanza.