domingo. 22.06.2025

A Casa do Maior: nova apertura en Vilariño de Conso

Será un servizo de atención diurna, gratuito e financiado por a Xunta de Galicia
somoscomarca_231212_vilariño_casadomaior_actualidad_inauguración
Casa do Maior en Vilario de Conso

O venres 15 de decembro as 17:00h, terá lugar a inauguración da Casa do Maior no Concello de Vilariño de Conso. Esta é unha iniciativa que levou a cabo unha veciña que chegaba fai aproximadamente un ano o municipio. 

Será un servizo gratuíto que ofrecerá atención diúrna ás persoas maiores de 60 anos e estará financiado pola Xunta de Galicia. Con isto preténdese asegurar un coidado e atención personalizada. Co tempo, o Concello ten previsto facer a recollida pobo a pobo de aqueles que queiran ser usuarios. De esta maneira, preténdese axudar o máximo posible as familias

«Estamos moi contentos, xa que é un servizo esencial para os nosos maiores, para tratalos como moito cariño», asegura a alcaldesa Melisa Macía. Permanecerá aberta todo o ano, excepto os festivos e vacacións. O horario que terá será de 9:00h ata as 17:00h, de luns a venres

Os servizos que se prestarán son: atención diúrna onde prima o acompañamento; actividades de envellecemento activo; estimulación cognitiva e de memoria; actividades personalizadas; servizo de manutención a mediodía

Para poder asistir a Casa do Maior existen tres requisitos fundamentais

  • Persoas maiores de 60 anos. Sen dependencia ou con grado I ou II.
  • Estar empadroados no Concello de Vilariño de Conso. 
  • Solicitar a praza en Servizos Sociais.

Está situada nun inmoble ubicado na zona antiga do municipio. Aínda que hai que destacar que esta non é a única actividade que se desenvolverá aquí. «Nese mesmo edificio acabamos de rehabilitar dúas vivendas para aluguer social e a parte baixa cedémola, de maneira gratuíta, para que esta rapaza leve o servizo da Casa do Maior», explica a alcaldesa. Ademais, vai a ser un centro socio-cultural de xuntanza

A Casa do Maior: nova apertura en Vilariño de Conso