martes. 28.06.2022

Melisa Macía, alcaldesa da localidade afirma que é un incentivo máis para atraer a poboación a vila

O Concello de Vilariño de Conso mantén a súa aposta firme por atraer a poboación ao rural e máis concretamente a vila, por elo anunciou unha inversión de 600.000 euros para obras no 2021, entre as que se encontra finalización da residencia de ancianos.

Este centro contará con 70 prazas para usuarios, malia que ao principio contaba con 75, a pandemia da COVID-19 obrigou a modificar o proxecto para realizar habitacións máis amplias.

Con esto subsanaráse unha demanda histórica do pobo, xa que moitos residentes tiveron que irse para outros concellos para poder ser atendidos neste tipo de lugares, subliñando dende o consistorio que continúan a apostar por este tipo de instalacións co fin de que todos os veciños podan ter as mellores prestacións.

Ademáis xeraránse 40 postos de traballo, que en palabras da alcaldesa, Melisa Macía, acabará co pouco paro que ten o municipio nestes momentos e animará a xente doutros lugares a vivir en Vilariño. «Estamos cun proxecto para rehabilitar máis vivendas».

Obras de Castiñeiras

Este martes o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, visitou o núcleo de Castiñeiras, onde se ampliou a praza do pobo, unha obra demandada e necesaria para os veciños, ensanchándose tamén a estrada que transcorre por este lugar. Os veciños falicitaron o terreo.

A residencia de maiores de Vilariño xerará 40 postos de traballo