viernes. 19.08.2022
Panorámica de Vilariño de Conso

Dende a alcaldía están pendentes da evolución da pandemia para determinar os aforos desta feira

O Concello de Vilariño de Conso xa prepara unha nova edición da Feira de Artesanía programada para o vindeiro 4 de agosto. Na mesma xunto aos productos artesáns tamén haberá referencias feitas na contorna do municipio.

Será en horario de 12:00 a 17:00 horas no campo de fútbol da localidade. Dende o consistorio subliñaron que contará cuns 20 postos e o aforo estará limitado, estando a espera da evolución da pandemia da covid-19 para poder determinar canta xente pode entrar a vez ao recinto.

Tamén haberá pulpo e churrasco para comer, que se servirá única e exclusivamente para levar. Pese a iso instalaránse uns bancos e mesas para todo aquel que quera comer na zona da Praia Fluvial, sempre ao aire libre para previr contaxios.

Para os máis cativos instálase a diario un parque acuático inchable na propia Praia Fluvial que está aberto tódolos días en horario de 17:30 a 20:00 horas, agás os xoves. Que é o día elexido para as tarefas de limpeza e desinfección de todo o entorno.

Tamén está disponible o alugueiro de kayaks e as clases de zumba. Estas últimas o luns e mércores a partir das 20:30 horas.

Os venres ata finais de agosto haberá cine ao aire libre. Entre os títulos a emitir encóntrase “Cuñados” dirixida polo rués Alfonso Blanco.

Por último, o 8 de agosto ás 20:30 horas haberá un concerto da Banda de Gaitas do Concello.

A Feira de artesanía de Vilariño de Conso contará cuns 20 postos