martes. 24.06.2025

Vilariño de Conso pon foco no 2024

Un ano dividido en dous puntos de vista diferentes
somoscomarca_vilariñodeconso_arearecreativacenza_pradoalbar_asportas_columpio_rutaplata_20232084 (37)
Vilariño de Conso

Este ano, marcado de novo polas eleccións, volver ser un período de buscar melloras e axudar a que o pobo creza. Dende o Concello quéreno enfocar dende dous puntos de vista distintos. 

Por unha banda, está a apertura da residencia de maiores que proporcionará uns 40 postos de traballo. Para isto, están a tentar facer formación para optar a eses cargos.

«Non temos aínda unha data exacta para a apertura. Seguimos traballando en pequenas cousas que faltan, sobre todo, burocráticas», explica Melisa. 

Os principais perfís que se buscan para esta nova residencia son: auxiliares de enfermería, enfermeiros, persoal de cociña e atención sociosanitaria. 

Doutra banda, non deixan o seu empeño de seguir coa rehabilitación de nova vivenda para así tentar seguir asentando poboación. De esta maneira tamén se ofrecerá un lugar onde vivir as persoas que comencen a traballar en Vilariño.

E, durante este novo ano, non se pode esquecer das infraestruturas. Polo tanto, seguirase coas obras de saneamento, abastecemento, pavimentación. 

Vilariño de Conso pon foco no 2024