
Xa é unha realidade a mellora na N-120 a altura de Vilamartín de Valdeorras para permitir que os veciños e as veciñas podan acceder a zona da Cruz Roja e A Lastra a pé. Despois de algo máis de un mes de obras, estas rematarán a finais desta semana.
«Están a piques de rematar. Contaban con rematar a finais da semana pasada», asegura o alcalde, Enrique Álvarez, quen prevé que finalizarán entre hoxe ou mañá —30 ou 31 de xaneiro—. Deste xeito, quedará accesible esa vía peonil para acceder a esas zonas do concello.
«Queda un espazo que é dende a estrada de Valdegodos ata a propia entrada do propio núcleo de Vilamartín. Iso non está neste proxecto, esperemos que se conciba noutro», engade o alcalde. O que se trata é de facer unha pasarela peonil o carón da ponte, xa que «polo que me comentaban os técnicos non era posible adherila a ponte porque se producía inseguridade».
Pero dende o Concello non paran, «agora mesmo estamos cunhas obras de accesibilidade», explica Álvarez. Trátase dunha axuda de 48.000 € para adaptar os pasos de peóns para acceder as beirarrúas. «En principio, sobre todo, é tema de pendentes, xa que non cumpren ca normativa. Tamén se porá sinalización para as persoas cegas», engade o alcalde.