domingo. 06.10.2024

O colexio público de Vilamartín loita para que cada anos sexan máis os nenos e nenas escolarizados no Xosé Manuel Folla Respino. E, non están sos no empeño, neste comezo de curso una iniciativa que partiu de dous autónomos aos que o concello apoiou queren visibilizar e axudar a que non se perda alumnado.

Eles son Adrián, un xove fontaneiro e Bruno un taxista que quixeron agasallar aos rapaces e rapazas cunha camiseta co nome das súas empresas, Ben Posta Fontanaría e Calefacción e Tanketaxi, aos que se lle uniu o Concello.

somoscomarca_23_10_17_vilamartin_colegio_ensino_menudatropa_ceipjosemanuelfollarespino (7)
Adri e Ruén cos nenos que visten as camisetas doadas

Na tarde do martes, 17 de outubro facíanlle a entrega das camisetas á rapazada que se puxo ben contenta. Somos Comarca aproveitou a ocasión para falar con estes dous emprendedores aos que se uniu a directora do colexio, Noelia Bao, a representante do concello Sherezade Núñez, tenente alcalde do Concello de Vilamartín, Priscila Núñez, membro da Anpa do colexio e Claudia Núñez, concelleira do Concello de Vilamartín e nai de Martín.

«Malia que non xurde do Concello puxémola en marcha xente que estamos no concello porque ao final formamos parte do pobo de Vilamartín e estudiamos neste colexio», explicaba Sherezade.  E, é que Claudia, Rubén, Adrián e Sherezade puxeron en marcha a iniciativa para buscar alumnado para o colexio e a vez promocionar  e dar visibilidade ao centro educativo.

somoscomarca_23_10_17_vilamartin_colegio_ensino_menudatropa_ceipjosemanuelfollarespino (2)
Os nenos e nenas nas actividades extraescolares

Pola súa banda Noelia, a directora, apuntou que actualmente hai 25 alumnos e que antes de rematar a semana se unirán dous máis. Destes 5 están en infantil e o resto en primaria que se divide en dúas clases, nunha de primeiro a terceiro e na outra de cuarto a sexto. Queremos que se fomente o uso deste colexio xa que «se seguimos así, dentro de pouco vai desaparecer».

Rubén e Adrián os dous xoves empresarios están encantados coa iniciativa xa que  queren que o colexio siga funcionando e parécelles moi ben que ademais se promocione coa iniciativa os seus negocios. Rubén formouse no Barco xa que por motivos de traballo os seus pais non o puideron escolarizar en Vilamartín, mentres que Adrián sempre estivo no centro vilamartinés.

somoscomarca_23_10_17_vilamartin_colegio_ensino_menudatropa_ceipjosemanuelfollarespino (3)

Como representante da Anpa, Priscila subliñou a importancia de poñer en marcha proxectos que ademais de por en relevo o colexio sirvan para que os empresarios tomen nota e arrimen o ombreiro. Animounos a colaborar coa Anpa xa que «hai necesidades , queremos facer extraescolares, temos entre man madrugadores...», indicou. «O colexio está ben coidado, os nenos están en moi boas condicións, queremos que se deixe de mitificar o rural e o rural significa que está moi ben, non que está mal».

somoscomarca_23_10_17_vilamartin_colegio_ensino_menudatropa_ceipjosemanuelfollarespino (4)

 Claudia é concelleira e nai e está disposta a aportar o seu grauciño a que o colexio siga para adiante facendo que o seu retoño, Martín, que ten un aniño sexa un dos alumnos do centro. Iso si haberá que agardar dous anos para que isto suceda.

Una boa iniciativa para que o rural siga a conservar a poboación máis menuda.

«Queremos darlle visibilidade a un colexio no que os nenos son o primeiro»