martes. 03.06.2025

Enrique Álvarez: «Queremos arranxar as rúas centrais de todos os pobos nesta lexislatura»

O presuposto é un dos principais impedimentos para cumprir os obxectivos do equipo de goberno. Aínda así, comezou a segunda fase das obras no Mazo
P_somoscomarca_241004_vilamartin_omazo_obras526
Obras no Mazo

«Queremos arranxar as rúas centrais de todos os pobos nesta lexislatura», este é un dos principais propósitos que ten o equipo de goberno de Vilamartín segundo explica o alcalde, Enrique Álvarez. Aínda que: «Non sei se seremos capaces». 

O Mazo é a localidade que agora se atopa con estas obras, «estamos na segunda fase». As melloras céntranse en colocar canalizacións novas e nalgúns casos fíxose a colocación da corrente, telefonía e cambiáronse instalacións. 

somoscomarca_241004_vilamartin_omazo_obras527
Obras no Mazo

«Nesta nova fase non podemos arranxar o tema da corrente», asegura. O principal problema é o Río Leira. «Tería que ser por canalización e topámonos con Confederación», matiza. Por este motivo, están barrallando a opción de que sexa aérea. 

Tal e como engade Álvarez hai pobos que fan reclamacións para ter estas melloras. «A nós gustaríanos que todos estiveran fantásticos, pero temos que se realistas». O presuposto do concello é un dos impedimentos. 

Recorda que existe o Plan CooperOU que ten «axudas algo importantes». Dende o equipo de goberno queren ser máis «ambiciosos e conseguir» que a Deputación continúa coa inversión. Ao que engade: «Os concellos pequenos non chegamos para o mantemento de todos os pobos». 

Enrique Álvarez: «Queremos arranxar as rúas centrais de todos os pobos nesta lexislatura»