domingo 29/5/22

Hoxe sábado día 4 de agosto celébrase a 22ª edición da Festa das Covas de Vilamartín e os coveiros que alí se acheguen terán o camiño ben señalizado. Os nenos e nenas do Campamento VilaVerán de Vilamartín axudaron ao mestre Roi Domínguez a colocar o poema O Himno do Viño nunhas cuncas que serán os sinais que mañá guíen os pasos dos visitantes e hacia a zona das Covas que forman parte da festa. Así o conta Débora Álvarez, responsable do proxecto As Letras de Florencio, que pretende conseguir un Día das Letras Galegas para o poeta de Córgomo.

Sobre esta poesía de Florencio na honra do viño, crearon o deseño que os alumnos do CEIP Manuel Folla Respino prepararon para participar no concurso que buscaba o cartel desta edición da Festa, e que finalmente foi escollido para decorar parte do tríptico informativo das festas.

A obra de Florencio presente na XXII Festa das Covas de Vilamartín